As aves
Foron elas , as aves de marzo ,
as que viñan anunciando con velocidade de motor ou asteroide cego
a fusión dos grandes xelos que destilan sangue de navalla ,
que as que avisaron da cor brava dos campos e da terra
carícia das marés , lábios de estanque .
elas escribiron o teu nome na memória
dunha tarde azul de marzo mentres eu vivía
recén vestido de espera para a festa do ar .
e alguén pasou repetindo un nome , o teu de ave senlleira,
muller inevitábel , luz que danza .
Entón viñeche ti perguntar sempre , se para sempre era ,
este amor revelado nos circuitos migratorios
do último día de inverno ,

a escrita das aves de marzo XoséMaríaÀlvarezCáccamo /alterado fotog flying lesson RobertParkHarrison
~